Blogia
vgomez

UNHA NOVA ESPECIE DE DINOSAURO: MORELLADON BELTRANI

UNHA NOVA ESPECIE DE DINOSAURO: MORELLADON BELTRANI

Reconstrución do dinosaurio Morelladon beltrani descuberto en Morella (Castellón) / CARLOS DE MIGUEL CHAVES

Nunha canteira de arxila, da que se extrae material para facer azulexos e cerámicas, en Morella (Castellón), un equipo de paleontólogos descubriu os restos dun dinosauro descoñecido ata agora.

Sería un exemplar herbívoro que viviu fai 125 millóns de anos nesa zona, que entón sería costeira ou de delta, con abundante vexetación e clima tropical. Cuns seis metros de longo, dous e medio de alto e aproximadamente unha tonelada de peso, o Morelladon beltrani sería un animal impoñente. É unha nova especie emparentada co popular Iguanodon, un dos primeiros dinosauros que se descubriron alá polo século XIX. Pero Morelladon ten unha peculiaridade notable: algo parecido a unha vela despregada ao longo do lombo que igual podería axudar a regular a temperatura do animal, ou almacenaba unha reserva de graxa para os tempos de escaseza de alimento, e que, á vez, xogaría un papel na súa comunicación dentro da manda ou como aviso disuasorio para os depredadores.

Os científicos presentan o pasado día 16 a Morelladon beltrani na revista científica PlosOne. Cos restos do esqueleto (ben conservados) que rescataron, aínda que non supoñen máis dunha cuarta parte dos ósos que tería o animal, identificaron claramente os trazos diferenciados respecto doutros dinosauros, o que permite definilo como unha especie descoñecida ata agora.

FONTE: Xornal El país/Ciencia

0 comentarios