A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO

Armorphophallus titanum / es.wikipedia.org
Trátase da Armorphophallus titanum. O exemplar vivo máis grande alcanzou 2,74 metros de altura. Din dela que ten aspecto de pene e cheiro a cadáver ou carne podrecida, por iso é polo que tamén se denomine “flor cadáver”. O certo é que o seu aspecto é asombroso e extravagante. É orixinaria das selvas tropicais de Sumatra (Indonesia), pode superar os 3 metros de altura, o 75 kg de peso e tan só vive durante 3 días. En ardua competencia atópase a planta Rafflesia arnoldii, natural dos bosques húmidos de Indonesia que desenvolve a segunda flor máis grande do mundo. A flor pode medir ata case un metro de diámetro e pesar 11 kg.
FONTE: revista Muy Interesante/Natureza
0 comentarios