DESCUBERTO O PRIMEIRO SINAL DAS ONDAS GRAVITACIONAIS
A última gran predición de Albert Einstein sobre o universo acábase de confirmar un século despois: as ondas gravitacionais existen e un experimento en EE UU detectounas por primeira vez.
Segundo a Teoría Xeral da Relatividade hai obxectos que converten parte da súa masa en enerxía e despréndena en forma de ondas que viaxan á velocidade da luz e deforman ao seu paso o espazo e o tempo. A fonte de ondas gravitacionais por antonomasia é a fusión de dous buracos negros supermasivos, un dos eventos máis violentos que existiron despois do Big Bang. O xenio alemán predíxoas en 1916 pero tamén advertiu de que, se realmente hai fusións deste tipo, suceden tan lonxe que as súas vibracións serían indetectables desde a Terra.
Os responsables do Observatorio de Interferometría Láser de Ondas Gravitacionales (LIGO), en EE UU, anunciaron esta tarde que captaron as ondas producidas polo choque de dous buracos negros, a primeira detección directa que confirma a teoría de Einstein. O anuncio fíxose nunha conferencia de prensa celebrada en Washington e retransmitida por Internet. Os resultados científicos foron aceptados para a súa publicación en Physical Review Letters, segundo informou nunha nota en Instituto Tecnolóxico de California (Caltech).
O primeiro sinal captouse o 14 de setembro nos dous detectores idénticos deste experimento, situados un a 3.000 quilómetros do outro. O sinal viña dunha fusión que sucedeu fai 1.300 millóns de anos e consistiu no violento abrazo de dous buracos negros cuxa masa é entre 29 e 36 veces maior á do Sol. Os dous buracos fundíronse nun liberando unha enerxía equivalente a tres masas solares, que saíu despedida en forma de ondas gravitacionais nunha fracción de segundo. E todo este proceso de masa transformándose en enerxía en fraccións de segundo descríbeo á perfección a ecuación máis famosa do mundo E=mc2 [A enerxía é igual á masa pola velocidade da luz ao cadrado].
O achado abre un novo camiño en astronomía. Ata o momento esta centrouse na luz en todas as súas variantes coñecidas, pero estas ondas son comparables ao son e permiten estudar obxectos que eran totalmente invisibles ata agora, especialmente os buracos negros.
No vídeo superior tedes unha información básica de que son as ondas gravitacionais.
FONTE: Xornal El país/Ciencia
0 comentarios