Blogia
vgomez

EBLM J0555-57Ab: UNHA ESTRELA DIMINUTA

A estrela EBLM J0555-057Ab comparada con outros astros / VON BOETTICHER ET AL

Buscando exoplanetas con SuperWAS-Sur (desde Sudáfrica), un grupo de astrónomos  localizou variacións de brillo na estrela EBLM J0555-57, que se atopa situada a uns 600 anos luz de distancia. A análise das observacións demostrou que as variacións de brillo nesta estrela son debidas a pequenas eclipses, pero que estas eclipses non están producidos por un exoplaneta. En lugar diso, os astrónomos conclúen que este é un sistema binario composto por unha estrela de tipo solar que é eclipsada por unha compañeira de moi baixa masa, as eclipses prodúcense segundo esta orbita cun período duns 7-8 días ao redor da primeira. Unha imaxe directa do sistema binario foi obtida ao pouco do seu descubrimento co telescopio suízo ’Euler’ de 1,2 metros emprazado no observatorio da Cadeira (ESO).

Pero a sorpresa veu cando, ao estimar o tamaño e a masa da estrela secundaria do sistema (denominada EBLM J0555-57Ab), resultou que esta estrela ten un tamaño comparable ao do planeta Saturno. Trátase pois da estrela máis pequena identificada ata a data. É aínda máis pequena (aínda que a súa masa é comparable) que a anana ultrafría TRAPPIST-1, a estrela que saltou á actualidade hai tan só unhas semanas cando se descubriu que estaba rodeada por sete planetas de tamaño similar ao da Terra.

Cunha masa 283 veces maior que a de Saturno, a estrela EBLM J0555-57Ab ten a masa mínima que é indispensable para permitir a fusión do hidróxeno no seu interior. A capacidade para desencadear as reaccións nucleares no seu núcleo é o que fai que unha bóla de gas poida ser considerada estrela. Calquera outro obxecto con masa lixeiramente inferior á de EBLM J0555-57Ab non sería capaz de queimar o hidróxeno e sería considerado como un obxecto subestelar das denominados "ananas marróns".

FONTE: Rafael Bachiller/Xornal El Mundo/Ciencia

0 comentarios