OS ANIMAIS MÁIS LONXEVOS
A tartaruga Adwaita / Imaxe: taringa.net
George: É o nome que se lle puxo a unha lagosta americana capturada na costa de Newfoundland, en Canadá, en decembro de 2008. Entón estimouse que roldaba os 140 anos. Foi devolta ao mar pouco despois.
Adwaita: Crese que esta tartaruga de Aldabra, Geochelone gigantea, naceu cara a 1750. Ata a súa morte, en 2006 "tiña uns 255 anos", foi o habitante máis famoso do zoo de Alipore, na India.
Ming: Así bautizouse a unha ameixa de Islandia, Arctica islandica, achada en 2007. Uns investigadores da Universidade de Bangor, en Gales, estimaron que vivira 507 anos.
Corais: Un equipo de investigadores de distintas institucións de EE. UU. determinaron que algúns especímenes de coral negro do xénero Leiopathes que se desenvolven preto das costas de Hawai viviron máis de 4.260 anos. Outros, do xénero Gerardia, coñecidos como corais dourados, teñen case 2.750 anos.
Turritopsis nutricula: Tras alcanzar a súa madurez sexual, estas medusas son capaces de reverter ao seu estado de pólipo nun ciclo que se pode repetir indefinidamente, o que lles confire unha certa forma de inmortalidade.
FONTE: Revista Muy Interesante/Natureza
0 comentarios