LOCALIZADO O CAMALEÓN MÁIS ANTIGO DO MUNDO PRESERVADO EN ÁMBAR
Fósil de camaleón putativo / David Grimaldi (Museo Americano de Historia Natural)
O achado de 12 fósiles de lagartos, gecos e camaleóns, preservados en ámbar, abriu unha nova xanela á análise da evolución destes réptiles. "Están a ofrecernos unha nova mirada cara ao pasado. Lévannos ao período Cretácico que foi moi importante para a diversificación dos lagartos", explica un dos autores do estudo e investigador na Universidade Estatal de Sam Houston (Texas, EE UU). Os fósiles foron doados ao Museo Americano de Historia Natural por un coleccionista privado. Os exemplares proveñen das xunglas tropicais do que é hoxe Myanmar. Tres deles (un geco, un camaleón e unha antiga lagartixa) están en perfectas condicións.
Un deles é este esqueleto de cría de camaleón, que foi identificado como o máis antigo localizado ata o momento. O espécime, que non é tecnicamente un camaleón moderno, parece ser un lagarto do grupo mais próximo aos camaleones. O exemplar mide 18 milímetros e sitúase no período Cretácico (concretamente fai 99 millóns de anos), polo que é máis antigo que o anterior fósil atopado desta mesma especie, datado de fai 78 millóns de anos.
FONTE: Xornal El País/Ciencia
0 comentarios