NON TE DEITARÁS SEN SABER UNHA COUSA MÁIS (V)
Encephalartos woodii no KEW Royal Botanical Gardens / Imaxe: npr.org/Andrew McRobb/RBG Ke
O ser vivo máis solitario do mundo é unha cícada, un tipo de planta moi estendida durante a era dos dinosauros, que se descubriu en África en 1895. Parécese a unha palmeira e pode acadar unha altura de 6 m. Segue vivo, pero aínda non se atopou outro exemplar da mesma especie (Encephalartos woodii) para poder proceder á polinización (estas árbores necesitan tamén unha parella para reproducirse). Está en Londres e, segundo National Geographic, hai máis de cen anos que non sabe o que é o sexo.
FONTE: Escuela de Robisones/Verne/Xornal El País
0 comentarios