NOVA ESPECIE DE INVERTEBRADO MARIÑO DA ANTÁRTIDA
Doto carinova / Imaxe:nationalgeographic.com.es
A Universitat de Barcelona acaba de dar a coñece, en nuna publicación en Plos One, unha nova especie de invertebrado mariño que vive nas frías augas do mar de Weddell, na Antártida. A nova especie Doto carinova é un nudibranquio porque os seus branquias non están ocultas senón espidas, é hermafrodita porque ten órganos masculinos e femininos e, doutra banda, posúe células xigantes agregadas ao sistema nervioso central que en realidade poderían ser neuronas xigantes. O seu sistema reprodutivo tamén espertou o interese dos investigadores, en especial a bocha, a próstata, o pene e a bolsa copuladora. A especie Doto carinova é un molusco sen cuncha pero que dispón dun sistema defensivo eficiente.
A nova especie foi descuberta a 277 metros de profundidade no mar de Weddell, un hábitat moi particular e difícil de estudar.
Os nudibranquios do xénero Doto atópanse distribuídos en océanos de todo o mundo, pero en latitudes antárticas só se tiña constancia da especie Doto antarctica, descuberta no mar de Ross e descrita en 1907 por Charles Norton Edgecumbe Eliot, diplomático británico e malacólogo ou experto en moluscos.
A nova especie Doto carinova diferénciase de Doto antarctica polos caracteres morfológicos externos: coloración, número e forma das ceratas, forma da vaina rinofórica... aínda que, algúns trazos internos tamén son diferenciais, como as glándulas salivales ou varios órganos reprodutivos.
Os investigadores tentan averigurar que defensas químicas utilizan estes invertebrados mariños para repeler aos depredadores, para facerse sitio ou para manterse limpos e evitar que se lles adhiran organismos á superficie.
FONTE: National Geographic/Natureza
0 comentarios