DE MAIOR QUERO SER... I
De maior quero ser científica é unha das accións vinculadas á iniciativa de divulgación científica Científicas en Biomedicina, unha carreira de fondo. O principal obxectivo deste proxecto é achegar á sociedade a investigación biomédica, tecnolóxica e innovadora realizada por mulleres.
De maior quero ser científica é unha serie de dez curtos audiovisuais nos que unha moza científica e a súa filla conversan, dando a coñecer a través de situacións cotiás o perfil de diferentes profesionais da biomedicina.
O curto de hoxe fálanos da INVESTIGACIÓN CLÍNICA.
En próximos días máis!
FONTE: mujeresconciencia.com
0 comentarios