ADIVIÑA O ANIMAL II

A contestación correcta á pregunta de onte é COELLO DE ANGORA.
O coello Angora é unha variedade de coello doméstico que é criado fundamentalmente polo seu pelo, que non é senón la de angora. Crese que é oriúndo de Angora, en Turquía, como o gato de Angora e a cabra de Angora. Pesan entre 1 e 2 quilos e son bastante nerviosos.
E agora, a pregunta de hoxe:
A que especie pertence esta curiosa cría?
- Koala
- Preguiceiro
- Oso Panda
- Oso Formigueiro
Mañá a solución e... unha nova proposta!
FONTE: Revista Muy Interesante
0 comentarios