Blogia
vgomez

AS DÚAS CARAS DO PAPEL DE ALUMINIO

 

O dilema sobre por que lado hai que usar o papel de aluminio é case tan antigo como este elemento da cociña. Poden usarse as dúas caras? Cal é a mellor? Estes días volveu a estenderse por redes sociais e WhatsApp un bulo que leva polo menos dous anos dando voltas, segundo o que, a outra cara do rolo (a máis brillante) leva unha capa protectora que impide que o aluminio estrague os alimentos e por iso debería ser esta a que está en contacto coa comida e non a outra.

Esta afirmación é falsa, como confirma a Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) na súa páxina web: "É rotundamente falso afirmar que unha cara do papel e outra son distintas e teñen propiedades distintas. Son exactamente iguais salvo na cor. O papel de aluminio é igual de eficaz por ambas as caras. Non é tóxico a non ser que se inxira".

"A presenza dunha cara brillante ou mate é debido ao proceso de fabricación polo que pasa, a parte exterior de ambas as láminas, en contacto cos rodetes, quedará máis puída e por tanto máis brillante; mentres que a parte interna, en contacto coa outra lámina, terá un aspecto mate. As propiedades do papel de aluminio non ven afectadas en ningún momento por este proceso, posto que é posible utilizalo indistintamente por unha cara ou outra", indican dende unha marca comercializadora deste produto como é Albal.

No vídeo superior tedes o proceso de fabricación do papel de alumnio.

Zanxado!

FOTE: Verne/xornal El País

0 comentarios