ADIVIÑA O PLANETA V
A contestación á pregunta do día anterior é VENUS.
Cada día de Venus dura 243 días terrestres. Pero as súas calidades extraordinarias non acaban aquí, posto que en Venus, o día dura máis que un ano. Como? Pois que un ano de Venus son 225 días terrestres, isto é, o día en Venus é 18 días terrestres máis longo que o seu ano. Por que sucede isto? A explicación é moi sinxela: a velocidade de rotación do planeta sobre o seu eixo é lentísima, tan lenta que tarda moito máis en virar sobre si mesmo que en virar ao redor do Sol.
E agora, a pregunta de hoxe:
Recoñeces o planeta da imaxe?
- A terra cando era "nova"
- Neptuno
- Urano
- Venus
Mañá a solución e... unha nova proposta!
FONTE: Revista Muy Interesante
0 comentarios