OCUPANTES DE CORPOS I: CARACOIS ZOMBIS

O verme platihelminto Leucochloridium paradoxum, que habita no norte de Europa, invade no seu estado de larva o aparato dixestivo dos caracois e alcanza os seus ollos provocando o inchazón dos tentáculos oculares, que adquiren o aspecto dunha eiruga. O caracol sofre unha especie de cegueira e en vez de ocultarse nas sombras para evitar a depredación, paséase por calquera sitio como un "zombi" co seu novo aspecto. Isto aumenta as probabilidades de ser devorado polas aves, que cren estar a tomar un bocado exquisito. Unha vez acontece, as larvas comezan a desenvolverse, acadando o estado adulto e reproducíndose. Os ovos serán liberados nas feces das aves e posteriormente consumidos polos caracois, dando lugar a un novo ciclo.
FONTE: Xornal abc/Ciencia.
0 comentarios