Blogia
vgomez

Unha lagartixa que farda de papada

O anolis pardo, arborícola e insectívoro, mide entre 16 e 18 centímetros; os machos son algo máis grandes / Istock

Orixinaria de cuba e bahamas, a lagartixa caribeña que ilustra esta páxina é un macho de anolis pardo (Anolis sagrei), especie que hoxe se introduciu noutros lugares de América e Europa. Máis grandes que as femias, só eles locen este encarte gular tan colorido e granulado, que pode ir do amarelo a lume alaranxado. Extremadamente territoriais, cando un macho rival entra no seu territorio, os anolis despregan a súa papada como sinal de advertencia antes de –se cadra– atacar. 

«Este abanico é unha membrana extensible que accionan mediante o aparello óseo hioideo, que é flexible, e constitúe un importante elemento distintivo á hora de cortexar ás femias», explica Albert Masó, doutor en ecoloxía e evolución.

Durante a época de cría, engade o experto, os machos defenden territorios que albergan varias femias e aparéanse con todas as que poden. Elas, que tamén son promiscuas, almacenan o esperma de varios machos e depositan un só ovo cada semana ou dúas ao longo de varios meses.

Para o apareamiento, o anolis macho inicia a súa aproximación á femia movendo a cabeza arriba e abaixo e despregando repetidamente o saco gular. Se ela está receptiva, el aproximarase lucindo papada e, tras suxeitala mordéndolle o dorso ou o pescozo, terá lugar a cópula. Misión cumprida!

FONTE: Eva van den Berg/nationalgeographic.com.es

0 comentarios