Blogia
vgomez

ANIMAIS MIMÉTICOS II

Continúo coa serie adicada á sabedoría do reino animal na que algúns deles viven cun permanente disfrace todo o ano: son expertos na camuflaxe. Trátase de animais coa habilidade do mimetismo, unha capacidade que teñen certos seres vivos para asemellarse a outros organismos e á súa propia contorna para obter algunha vantaxe.

2. Mantis folla morta

Mantis folla morta (Deroplatys desiccata) / muyinteresante.com 

Esta especie é unha das máis grandes que habita en Malaisia. É unha especie de mantis bastante dócil. As femias miden aproximadamente 9 cm de longo, os machos son un pouco máis pequenos, cos seus 7 ou 8 cm. O seu aspecto dálle a aparencia dunha folla seca.

3. Gecko

 

Endémica de Madagascar, esta lagarta non só pode cambiar de cor para que coincida coa súa contorna, senón que tamén conta con varias lapelas dérmicas que se estenden cara a fóra para romper o seu esquema.

Continuará...

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.com e foroambiental.net

0 comentarios