ADIVIÑA O PLANETA IV

A contestación á pregunta do día anterior é KIC 12557548 b.
KIC 12557548 b atópase a uns 1.500 anos luz da Terra, na constelación Cygnus. Xunto a unha estrela vermella vemos un planeta titila e brilla de forma estraña. Isto sucede porque está a ser vaporizado lentamente por mor da estrela que orbita. Segundo os expertos, o que queda deste planeta apenas é o seu núcleo espido de ferro.
E agora, a pregunta de hoxe:
Este planeta posúe o día máis longo do sistema solar: 243 días terrestres.
- Marte
- Neptuno
- Urano
- Venus
Mañá a solución e... unha nova proposta!
FONTE: Revista Muy Interesante
0 comentarios