Blogia
vgomez

ADIVIÑA O PLANETA VII

ADIVIÑA O PLANETA VII

 

A contestación á pregunta do día anterior é 55 Cancri e.

55 Cancri e é o planeta máis próximo á súa estrela dentro do seu sistema planetario dos que coñecemos, e necesita menos de tres días para completar a súa órbita. Denomínano o "planeta diamante" porque case un terzo da súa masa é de carbono na forma de diamante, segundo descubriu un equipo internacional de astrónomos liderado por Nikku Madhusudhan.

E agora, a pregunta de hoxe:

Este planeta fora designado nun principio co nome dun deus exipcio. Sabes cal é?

- Anubis

- Osiris

- Isis

- Horus

Mañá a solución e... unha nova proposta!

FONTE: Revista Muy Interesante

0 comentarios