ADIVIÑA O PLANETA XII
A contestación á pregunta do día anterior é TRES-4b.
TRES-4b, a 1.400 anos luz na constelación de Hércules, é o planeta máis grande descuberto ata a data. Ten polo menos 0,84 veces a masa de Xúpiter e unha densidade de 0,23 g/cm3.
E agora, a pregunta de hoxe:
Neste planeta atópase a montaña máis alta do Sistema Solar.
- Mercurio
- Venus
- Terra
- Marte
Mañá a solución e... unha nova proposta!
FONTE: Revista Muy Interesante
0 comentarios