Blogia
vgomez

A ÚLTIMA ERUPCIÓN DO ETNA

 

O volcán Etna segue en plena erupción, despois de que o pasado 27 de febrero xa se notara un incremento na súa actividade.

O Etna é un volcán activo na costa este de Sicilia, entre as provincias de Mesina e Catania. Ten ao redor de 3.322 metros de altura, aínda que esta varía debido ás constantes erupcións. É o volcán activo con maior altura da placa Euroasiática.

As erupciones do Etna son algo habitual. É máis, adoita producirse unha erupción desde un dos cráteres laterais da montaña cada tres meses. O volcán goza do sobrenome de “amigable” xa que moi raramente representa unha ameaza real para os seus veciños.


0 comentarios