Blogia
vgomez

RIQUEZA NATURAL E PAISAXÍSTICA DE ESPAÑA VII

Continúo coa serie Riqueza natural e paisaxística de España, na que facemos un pequeno percorrido polas marabillas que a natureza esculpíu ao longo dos anos e aqueles espazos que son o resultado do traballo e enxeño do ser humano.

Hoxe imos a...

7. A selva de Irati (Navarra)

Trátase da maior masa forestal de Navarra e un dos maiores e mellor conservados bosques de faias (Fagus sylvatica) e abetos (Abies alba) de toda Europa despois da Selva Negra alemá coas súas 17.000 hectáreas de natureza.  

A pesar de ser un bosque explotado forestalmente desde os séculos XVI- XVII, o respecto e o bo facer dos habitantes destes vales fixo que se conserve en total plenitude. Existen dentro da zona diversos espazos protexidos: todo o Irati é unha  ZEPA (Zona de Especial Protección de Aves), así como zonas protexidas como Reserva Natural ou Reserva Integral.

A contorna permite facer roteiros paralelas ao río Urbeltza por unha serra practicamente virxe, que no inverno se embelece con neve e no outono cunha especial explosión de cores.

Mañá outro lugar alucinante!

FONTE: Idea orixinal abc.es/viajar, es.wikipedia.org e guiadelocio.com  Imaxe: guiadelocio.com

0 comentarios