CINE: "CANTÁBRICO"
Cartel da película / Imaxe: eCartelera
Esta fin de semana chega aos cines o documental "Cantábrico", un espectáculo da natureza feito película.
Título orixinal: Cantábrico (Os dominios do oso pardo)
Ano: 2017
Xénero: Documental
Duración: 101 min.
País: España
Produtora: Wanda Films / Bitis
Director: Joaquín Gutiérrez Acha
Guión: Joaquín Gutiérrez Acha
Música: Pablo Martín Caminero
Fotografía: Joaquín Gutiérrez Acha
Sinopse: No norte da Península Ibérica unha impoñente cordilleira de máis de 400 Km. levántase como unha gran barreira paralela á costa do mar que leva o seu nome, o Mar Cantábrico. Na súa outra vertente, a cordilleira Cantábrica preséntasenos repleta de canóns e apertados bosques continentais de faias, carballos e castiñeiros. A influencia cálida do mar, determinou un clima con elevadas precipitacións orixinando montes de exuberante vexetación.
É o lugar perfecto para esconder un gran número de animais e outras formas de vida que cohabitan aquí desde tempos inmemoriais. Pero por enriba de todo, é o territorio dunha das criaturas máis formidable do hemisferio norte: o oso pardo cantábrico. E é precisamente este fabuloso animal, un dos que escolleron para conducir a película.
O cantábrico é un lugar máxico e misterioso onde moitos dos seus recunchos están aínda por descubrir. É o reino dos bosques, o dominio dos cabalos salvaxes, a terra onde as néboas esconden aos lobos ibéricos, aos gatos monteses e aos urogallos, o lugar onde a fantasía e a realidade camiñan xuntas. Un territorio salvaxe que permanece aínda no esquecemento e que o mundo debe coñecer.
Merece a pena!, iso si en Galicia non en todos os cines.
0 comentarios