Blogia
vgomez

ACHÉGASE UN ASTEROIDE "POTENCIALMENTE PERIGOSO" Á TERRA

Un enorme asteroide pasa cerca de la Tierra hoy
  
Recreación artística que amosa un asteroide achegándose á Terra (ESA)

 

Un asteroide de más de 600 metros de ancho, considerado potencialmente peligroso, pasará cerca de la Tierra hoy miércoles, a una distancia de 1,8 millones de kilómetros, aunque no existe la posibilidad de un impacto, según científicos de la NASA.

Un asteroide de máis de 600 metros de ancho, considerado potencialmente perigoso, pasará preto da Terra hoxe mércores, a unha distancia de 1,8 millóns de quilómetros, aínda que non existe a posibilidade dun impacto, segundo científicos da NASA.

Asteroides máis pequenos pasan preto da Terra con frecuencia, pero o 2014 J025 será o maior en achegarse ao noso planeta desde 2004, voando a 1,8 millóns de quilómetros, só unhas 4,6 veces a distancia que separa a Terra da Lúa.

2014 JO25 foi descuberto en maio de 2014 polo Mount Lemmon Survey. O diámetro da roca espacial foi determinado polas observacións da misión NEOWISE da NASA tras o seu descubrimento.

As informacións solicitadas durante anos sobre a traxectoria do asteroide permite aos científicos predicir o percorrido con seguridade, segundo asegura vía telefónica Davide Farnocchia, un matemático do programa Obxecto Próximo á Terra da NASA.

O asteroide, cuxa superficie é dúas veces máis reflectora que a Lúa, non poderá ser observado a primeira ollada, pero si con telescopios simples durante unha ou dúas noites desde hoxe mércores.

Este achegamento será o máis próximo do J025 á Terra nos próximos 500 anos. JO25 2014 está clasificado como un "asteroide potencialmente perigoso" polo Minor Planet Center.

FONTE: Xornal La Vanguardia

0 comentarios