54 ºC EN IRÁN, ESO SI É UNHA TEMPERATURA!
Mapa da zona que acompañaba ao tuit / Etienne Kapikian
Segundo explica o blog do tempo Capital Weather Gang de The Washington Post, o pasado xoves, día 29 de xuño, Etienne Kapikian, un meteorólogo de MeteoFrance, publicou un tuit no que sostén que Ahvaz, capital de la provincia de Juzestán, no suroete de Irán, chegou aos 53,7 ºC (128,7 ºF) e que se trata dun "novo récord nacional absoluto" e a temperatura máis alta xamais rexistrada nun mes de xuño no continente asiático. O récord anterior de Irán era de 127,4 ºF.
Segundo Weather Underground, a temperatura publicada por Kapikian non foi en realidade o rexistro máis alto que se alcanzou o xoves en Ahvaz, que ten máis dun millón de habitantes. Na táboa por horas, esta web sostén que á 4.51 hora local chegáronse aos 129,2 ºF, é dicir, 54 ºC. A web precisa que, debido á humidade, o índice ou sensación de calor era moito máis sufocante: de 61,2 ºC.
Estes datos deben ser verificados pola Organización Meteorológica Mundial.
FONTE: Xornal El País/Ciencia
0 comentarios