Blogia
vgomez

ILLAS ESPAÑOLAS MENOS COÑECIDAS XII (FIN)

remato coa serie adicada a esas illas españolas "menos coñecidas", pero que tamén teñen o seu encanto.

Se onte falamos da Illa de Santa Clara, hoxe tocalle a Illa Dragonera, última desta serie

12. Illa Dragonera

A illa Dragonera é unha illa pertencente ao arquipélago das Illas Baleares, situada ao oeste de Mallorca.

Permanece virxe, malia que a principios da década de 1970, estivo a piques de ser urbanizada. A planificación estaba terminada: mansións de luxo, un hotel, un porto e un casino. As protestas dos ecoloxistas, que paralizaron do comezo da construción varias veces nun proceso xudicial longo, acabaron parando definitivamente o proxecto. En 1987 o Consell Insular de Mallorca comprou a illa. O 26 de xaneiro de 1995, e polo decreto 7/1995, o Goberno Balear protexeu a illa Dragonera si como as illas de Pantaleu e Illa Mediana.

Ten unha lonxitude de 3.200 metros e unha anchura que chega ata os 500 metros cun relevo moi escarpado e irregular que provoca a aparición dalgunhas protuberancias chegando a alcanzar o pico máis alto da illa, chamado Na Popia, uns 360 metros de altura. Nesta cima atopábase un faro, na actualidade en ruínas.

Só se pode acceder a Sa Dragonera vía barco desde Sant Telm ou Paguera, sempre que se teña permiso. A illa ten un pequeno porto natural cun embarcadoiro en Cala Lladó. Desde o embarcadoiro pódense realizar varias rutas a pé para explorar a illa.

Posto que non hai restaurantes, bares ou negocios na illa, os visitantes deben aprovisionarse de comida e bebida antes de viaxar á illa.

FONTE: gl.wikipedia.org          Imaxes: gl.wikipedia.org e es.m.wikipedia.org

Fin!

0 comentarios