OS LABORATORIOS MÁIS FAMOSOS DA HISTORIA III
Continuo coa viaxe na que botamos unha ollada a algúns dos laboratorios científicos máis importantes do mundo, onde se realizaron, e realízanse hoxe en día, algúns dos maiores avances da humanidade.
Se onte falamos do Atacama Large Millimeter Array (ALMA) e o Laboratorio de Propulsión a Chorro da NASA (JPL), hoxe tocalle o turno a…
5. O Observatorio de Arecibo
O Observatorio de Arecibo é un radiotelescopio situado en Arecibo, Porto Rico, que operou entre os anos 1966 e 2020, no que un derrube acabou coa súa vida útil. Cun diámetro de prato de 305 metros, foi durante anos maior telescopio de apertura única do mundo. O Observatorio de Arecibo utilizouse para unha variedade de investigacións astronómicas, incluíndo estudos de obxectos próximos á Terra, púlsares e galaxias.
6. Centro de Voo Espacial Goddard da NASA
O Centro de Voo Espacial Goddard da NASA (Goddard Space Flight Center) é un importante laboratorio de investigación xestionado polo goberno de Estados Unidos e situado en Greenbelt, Maryland. O Centro de Voo Espacial Goddard alberga varias instalacións científicas importantes, como o telescopio espacial Hubble e o telescopio espacial James Webb. Tamén é responsable da realización de numerosos e importantes estudos sobre o cambio climático e as ciencias da Terra.
Continuará…
FONTE: Amina Jover/quo.eldiario.es/ciencia
0 comentarios