A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA NO MAR
Non podemos escoitalo con facilidade, por iso o mar, máis concretamente as profundidades mariñas, antóllansenos un mundo silencioso. Pero nada máis lonxe da realidade. Hai moito tempo que os océanos parécense, polo nivel de ruído, ao estudio de Sálvame. Non se trata, claro, de que os moluscos e os peixes adoptasen ese estúpido costume televisivo de parlotear (insustancialmente) sobre as anécdotas (insustanciales) da vida de famosillos (por suposto insustanciales). O que ocorre é que a actividade humana encheu de contaminación sonora os ecosistemas mariños. Unha contaminación que ameaza a vida de moitas especies e pode acabar coa biodiversidade para sempre. O problema non é novo: en 1991 un grupo de científicos colocaron altofalantes submarinos nunha remota illa do Índico para comprobar o alcance dos sons producidos polo home. O sinal de baixa frecuencia, emitida de forma regular durante dous meses, alcanzou máis de 16.000 quilómetros. É dicir, podía oírse practicamente en todo o planeta.
A boa noticia, como se encarga de lembrar Michel André, director do laboratorio de investigacións bioacústicas da universidade Politécnica de Barcelona, é que, a diferenza do que ocorre con outros elementos contaminantes, cando o son cesa, acábase a contaminación. Afortunadamente cada vez hai máis científicos como André e tamén organizacións dispostas a loitar contra os ruidosos. O ano pasado, por exemplo, a Mariña de Estados Unidos foi obrigada a deixar de utilizar un potente sónar que equipaban os seus submarinos despois dun longo litixio que durou unha década. A sentenza, que respondía a unha demanda realizada pola NRDC (Natural Resources Defense Council), aseguraba que o uso do sónar afectaba á vida dos mamíferos mariños, poñendo en perigo os seus ciclos de reprodución, os seus costumes sociais e a procura de alimentos. Pero curiosamente, aclara André, non son estas especies as máis prexudicadas: “Pensabamos os científicos que nos dedicamos a este estudo que as especies candidatas a sufrir máis esta contaminación acústica eran as que utilizan de forma activa as informacións vinculadas co son, como son os cetáceos, as baleas, os golfiños. Pero despois de 20 anos de investigar este efecto en cetáceos descubrimos que hai outras especies moito máis numerosas que non teñen oídos, non teñen sistema auditivo, senón que teñen células sensoriais que lles permiten manter o equilibro na columna de auga. E toda esa familia son os invertebrados; por tanto os animais que sofren destas feridas non poden alimentarse, non poden reproducirse e morren ao cabo dalgúns días”.
Desde hai dúas décadas, o equipo de André investiga a contaminación sonora provocada pola actividade humana nos océanos. As súas causas son diversas: o ruído provocado polos motores de embarcacións, as plataformas petrolíferas, as explotacións eólicas ou a construcións de portos propágase a través da auga e destrúe o medio ambiente no que viven as especies mariñas. O obxectivo dos investigadores é atopar solucións que permitan manter a actividade económica, pero que sexan respectuosas coa biodiversidade. O seu laboratorio traballa nun proxecto que instalou sensores intelixentes en varios puntos de distintos océanos para medir o nivel de contaminación acústica e entender como pode evitarse. Unha misión que require escoitar atentamente para recuperar o silencio.
FONTE: José L. Álvarez Cedena/Xornal E País
0 comentarios