Blogia
vgomez

MTV EMA 2017


Nun estadio de Wembley impresionantemente tuneado para a gran noite do pop, o canadense Shawn Mendes con tan só 19 anos, con dous discos no seu haber, coroouse como a nova estrela planetaria da música comercial ao alzarse co galardón ao mellor artista nos European Music Awards da MTV, celebrados na pasada noite en Londres.

A balada "There´s nothing holding me back", mereceu tamén o premio á mellor canción. Un moi en boga soul lixeiro, unha voz privilexiada e unha fráxil beleza, moi adecuada para a era de Instagram, son as claves deste novo rei do frenético xogo de tronos que é a música popular no século XXI.

Ídolo de adolescentes!

0 comentarios