Blogia
vgomez

CUNHA SIMPLE BOTELLA

 

No mundo cómpranse un millón de botellas de plástico ao minuto. E é que este material é un dos reis (se non o rei) da fabricación e o envasado: hoxe usámolo 20 veces máis que hai medio século e está presente en case calquera ámbito que imaxinemos: enxoval, industria, alimentación, construción, automoción, xoguetería, agricultura, téxtil... Tamén, por desgraza, é un dos compostos que máis prexudican ao medioambiente: no mundo tíranse unhas oito toneladas diarias de lixo plástico ao mar, unha vertedura que ameaza o hábitat de infinidade de criaturas.

Por sorte, cada vez xorden máis proxectos encamiñados a evitar que o plástico chegue de maneira descontrolada á natureza, a implicación cidadá non deixa de crecer e nas cidades cada vez reciclamos máis e mellor: en 2016 tiramos un 4% máis de envases de plástico, metal e briks aos colectores amarelos. Pero, aínda que fosen usados e estean listos para ir ao lixo, estes recipientes aínda poden ser útiles.

Bótalle un pouco de imaxinación e comproba en que podes transformar unha simple "botella de plástico".

FONTE: Xornal El País/EspacioEco

0 comentarios