LOTERIA NADAL 2017
Nada menos que Alejandro Amenábar, todo un premio Gordo do cinema español con nove Goyas e un Óscar na súa carreira, foi o elixido como director de orquestra desta nova campaña da Lotería de Nadal 2017. "O maior premio é compartilo" é o título do anuncio, co que o autor imprime o seu toque fantasioso marca da casa para facturar un produto deseñado, por natureza, para emocionar. Ollo, o guión é da axencia Leo Burnett, que pensou que quen había máis adecuado para rodar este «conto de Nadal alieníxena», como o definiu o cineasta.
O anuncio, que na súa versión estendida é unha curtametraxe de 19 minutos (que está debaixo do anuncio na parte superior)), consiste basicamente nunha historia de amor, pero con extraterreste incluída, que ten a enorme sorte de que lle toque o primeiro premio do sorteo... e o infinito gran premio de coñecer a un tipo cun corazón de ouro, de descubrir así o amor.
Boa sorte a todos, pero... compra o décimo!
0 comentarios