NOVOS CAMIÑOS PARA COMBATIR O CANCRO
O nanorrobot de ADN leva unha encima que coagula o sangue (morada) e está deseñado para que non ataque a células sas JASON DREES / ASU
As películas Viaxe fantastico (1966) e O chip prodixioso (1987) imaxinaron como sería meter dentro dunha persoa un submarino tripulado en miniatura capaz de viaxar polo torrente sanguíneo para reparar os tecidos danados dun cerebro. Desde hai anos, ese mesmo concepto, o de miniaturizar tratamentos e dirixilos cara a unha parte específica do corpo humano, está a investigarse en diversos laboratorios para detectar e combater enfermidades, coa vista posta especialmente no cancro.
Os avances, como o que presenta un equipo de investigadores de EEUU e China e publicado na revista Nature Biotechnology , son prometedores e suxiren que non estamos tan lonxe de facer realidade eses tratamentos de precisión grazas á chamada nanomedicina. En concreto, probar con éxito en ratos uns robots diminutos (nanorrobots) programados para destruír tumores.
Primeiro introduciron nun rato células cancerígenas humanas para que o animal desenvolvese un tumor agresivo. Cando este medrou o suficiente, inxectaron por vía intravenosa os nanorrobots (mil veces máis pequenos que o grosor dun cabelo humano). Cada un deles está fabricado a partir dunha folla de origami de ADN que mide 90 por 60 nanómetros. Na súa superficie colocaron unha encima chamada trombina, que forma parte do proceso de coagulación do sangue e é capaz de bloquear o tumor cortando a subministración dos vasos sanguíneos que alimentan ao tumor e permítenlle medrar. O nanorrobot foi inxectado no rato e viaxou polo seu torrente sanguíneo ata chegar ao tumor. Co obxectivo de evitar que atacase ás células sas, colocaron na súa superficie un aptámero de ADN (un ácido nucleico) para que especificamente recoñecese unha proteína, chamada nucleína, que non está presente en células sas. Libera a encima trombina para coagular e interromper a circulación do sangue, prodúcese unha necrosis no tumor do rato.
Esta tecnoloxía é unha estratexia que pode ser usada para tratar moitos tipos de tumores.
FONTE: Teresa Guerrero/Xornal El Mundo/Ciencia
0 comentarios