Blogia
vgomez

O TIRÓN GRAVITACIONAL DE VENUS E XÚPITER CAMBIAN O CLIMA DA TERRA

  Descubren que Júpiter y Venus están cambiando el clima de la Tierra

A distinta posición dos outros planetas do Sistema Solar inflúen na órbita da Terra / Imaxe: abc.es

O clima da Terra é un fenómeno extremadamente complexo do que só temos datos moi limitados. Por exemplo, ocorre que os rexistros máis antigos de temperaturas datan do século  XIX, e que as pegadas do clima pasado que quedan na xeoloxía son grosas e falan de períodos de tempo moi longos. A maioría dos expertos poden detectar un quecemento global acelerado polo home e agravado pola destrución da natureza, pero xunto a este proceso hai outros naturais que exercen unha influencia que non sempre podemos comprender. A actividade do Sol, as  erupciones  volcánicas, o comportamento da  magnetosfera ou a actividade dos seres vivos tamén pode cambiar o clima de formas difíciles de prever. Ás veces uns factores van nunha mesma dirección pero outras non. Isto mostra que no clima o único fixo é o cambio.

Un estudo publicado recentemente en "Proceedings of the National Academy of Sciences" (PNAS) proporciona evidencias sólidas doutro proceso capaz de cambiar o clima. Científicos da Universidade de  Rutgers (Estados Unidos) confirmaron que o tirón  gravitacional de  Venus e Xúpiter alonga a órbita da Terra nun cinco por cento cada 405.000 anos. Por iso, o planeta pasa por unha etapa media, aos 202.500 anos do comezo do ciclo, na que a órbita é case circular. Isto estivo influíndo na cantidade de luz solar que chegou ao hemisferio Norte e modulou o clima da Terra durante polo menos os últimos 205 millóns de anos.

"É un resultado impresionante, porque pensábase que este longo ciclo ocorrera hai 50 millóns de anos, pero agora confirmouse para polo menos os últimos 205 millóns de anos", dixo un dos autores do estudo. "Agora, os científicos poden vincular cambios no clima, o medio ambiente, a evolución dos dinosauros e os mamíferos e os fósiles en todo o mundo con este ciclo de 405.000 anos dunha forma precisa".

Dende hai moito tempo os  astrofísicos suxeriron que a resonancia dos planetas do Sistema Solar crean ciclos na órbita da Terra. Os cálculos matemáticos permiriron, mesmo, reconstruír a evolución deste fenómeno durante os últimos 50 millóns de anos. Pero agora, por primeira vez, os investigadores atoparon evidencias físicas para apoiar esta hipótese, o que ten relevancia para os estudos do clima, a evolución da vida e a propia evolución do Sistema Solar.

Este efecto sobre a órbita é causado sobre todo por  Venus e Xúpiter. O motivo é que o primeiro é o planeta máis próximo á Terra e que o segundo é, con moito, o planeta máis masivo do Sistema Solar. Pois ben, as órbitas destes planetas fan que cada varios centos de miles de anos a posición destes mundos "tire" da Terra en relación co Sol ou que o efecto sexa contrario.

FONTE: abc.es/ciencia

0 comentarios