AUTOAPREDIZAXE COAS NOVAS TECNOLOXÍAS
Doutor en física e profesor de tecnoloxía educativa da Universidade de Newcastle (Reino Unido), Sugata Mitra salta á fama internacional cando TED, organización que promove a tecnoloxía, a educación e o deseño elixiu a súa conferencia como a máis inspiradora e con máis potencial de cambio do ano 2013. A súa historia conta o experimento dun mozo e brillante físico que hai case 20 anos coloca un computador con conexión a internet no muro dun suburbio de Nova Deli, preto da súa oficina, e pregúntase, conseguirían aqueles nenos sen educación aprender por si mesmos? As gravacións da cámara escondida nese lugar descubriron ao profesor Mitra que os nenos xogaron co computador, aprenderon a usalo e ademais ensinaron a outros sen intervención de ningún adulto. A súa historia chamouse "Hole in the Wall" (buraco na parede) e inspirou parte do argumento da película gañadora do premio Óscar, "Slumdog Millionaire". Mitra avanzou as súas investigacións do que denominou como educación minimamente invasiva e reproduciu o test noutros lugares da India e do mundo. Os resultados? A capacidade de autoaprendizaxe dos nenos co uso da internet e as novas tecnoloxías é sorprendente. Hoxe, a súa proposta educativa coñécese como SOLE (Self Organised Learning Environments) contornas de aprendizaxe autoorganizados, conta con experiencias en colexios de máis de 50 países.
0 comentarios