ADIVIÑA O PAÍS VII
A solución á pregunta do día anterior é CHINA . Trátase do Gran Buda de Leshan, a estatua esculpida en pedra de Buda máis alta do mundo. Atópase nun cantil nas confluencias dos ríos Min Jiang, Dadu e Qingyi, preto da cidade de Leshan, en China. Mide 71 metros de alto. É Patrimonio da Humanidade pola UNESCO desde 1996.
E imos coa pregunta de hoxe!

7. Con ou sen alcol, os mojitos son unha das bebidas máis populares en todo o planeta. É típica de...
- Colombia
- México
- Cuba
- Republica Dominicana
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: muy interesante.es/arte-cultura
0 comentarios