ADIVIÑA O CIENTÍFICO II
Continúo coa serie adicada aos científicos, que co seu celo, paixón, dedicación, traballo duro e esforzo axudoulles a descubrir algo novo sobre o mundo en que vivimos.
A contestación correcta á pregunta de onte é Albert Einstein. Naceu en Ulm, Alemaña, o 14 de marzo de 1879 e morreu en Princeton, Estados Unidos, o 18 de abril de 1955. Físico alemán de orixe xudeu, nacionalizado despois suízo, austriaco e estadounidense. Einstein recibiu a noticia do premio Nobel de Física de 1921, por telegrama, cando se atopaba camiño de Xapón. Viuse obrigado a saír de Alemaña durante un tempo xa que a situación política era tensa: o ambiente antisemita aumentaba, o 24 de xuño asasinos ultranacionalistas acabaran coa vida do ministro de Asuntos Exteriores e coñecido seu Walther Rathenau e as ameazas contra a súa vida comezaran a chegar con bastante asiduidade. Einstein tomoullas moi en serio. A súa viaxe a Xapón facíalle imposible acudir á cerimonia en decembro de 1922 e arranxouse todo para que o recibise no verán de 1923 en Gotemburgo, durante a celebración do 17 Congreso de Científicos Naturais Nórdicos. Deberon parecerlle divertidas as instrucións que recibiu dos responsables dos Nobel: o seu discurso de aceptación debía versar sobre o tema polo que fora premiado (polas súas aportacións á física teórica e, especialmente, polo descubrimento da lei do efecto fotoeléctrico); nin unha palabra sobre a relatividade podía saír da súa boca. A oposición á relatividade era forte, pero non tanto como en Alemaña. O xornal conservador máis importante de Suecia, Nya Dagligt Allehanda fixo campaña contra a súa visita, deixando moi claro que a ningún sueco importáballe cando ía chegar. Iso si, aseguraban que non podería falar da relatividade. Einstein chegou tarde á cerimonia e sentou ao fondo do salón. Pero alguén lle recoñeceu e rapidamente leváronlle ao lugar que lle correspondía, no estrado xunto ao rei e outros dignatarios. Alí, diante dun milleiro de persoas e con Arrhenius como mestre de cerimonias, despregou os seus encantos. E non sendo a verdadeira cerimonia dos Nobel, puido falar sobre o tema que lle deu a gana. Entre os presentes había un que gozou enormemente a súa conferencia, porque estaba a desexar aprender algo sobre relatividade: o rei Gustavo V.
E imos coa pregunta de hoxe!
2. Que médico francés, descubriu o VIH, virus que causa a SIDA?
- Luc Montagnier
- Jonas Salk
- Wilhelm Röntgen
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org e muyinteresante.es
0 comentarios