Blogia
vgomez

SABÍAS QUE... A QUE SE DEBE A A NUBE BRANCA QUE FORMAN ALGÚNS EXTINTORES CANDO SE USAN?

Para coñecer a orixe do extintor témonos que remontar á antiga Roma, onde se usaban recipientes de bronce cheos de auga e area para extinguir pequenos incendios. Desde esa época apenas sufriu cambios ata o século XVII, cando o científico de orixe alemá Anbrose Godfrey (1660-1741) deseñou un dispositivo cun recipiente de vidro que contiña líquidos capaces de apagar incendios. Este extintor primixenio utilizaba un composto formado por auga, potasa e salmoira.

A medida que avanzou a Revolución Industrial foi necesario desenvolver extintores diferentes, desde aqueles que empregaban ácido sulfúrico e bicarbonato sódico ata outros que usaban dióxido de carbono e escuma química.

Cóntase que o primeiro extintor moderno debémosllo ao publicista inglés William George Manby (1765-1854) que tras observar as dificultades que tiñan que pasar os bombeiros de Edimburgo para chegar aos pisos máis altos dun edificio en chamas ideou un extintor formado por catro cilindros: tres levaban auga e o cuarto introducía aire a presión. Corría naqueles momentos o ano 1813.

Aínda así, foi preciso esperar ao ano 1912 para que o químico italiano Cesar Burali-Forti (1861-1931) inventase o primeiro extintor de po seco, un avance crucial que revolucionou o sector e converteuse no antepasado de moitos dos nosos modernos extintores.

Ao longo do século XX fixéronse máis avances, como a incorporación de extintores portátiles e eficientes, adaptados aos diferentes tipos de lumes (A, B, C, D e F), segundo os materiais inflamables involucrados.

- Clase A: lumes con combustibles sólidos como madeira, cartón, plástico etc.
- Clase B: lumes onde o combustible é líquido por exemplo o aceite, a gasolina ou a pintura.
- Clase C: lumes con combustible en estado gasoso como o butano, propano ou gas cidade.
- Clase D: lumes nos que o combustible é un metal: o magnesio, o sodio ou o aluminio en po.
- Clase K (ou F): lumes nos que hai involucrados aceites e graxas de orixe vexetal ou animal (por exemplo, nas cociñas).

Tendo en conta esta clasificación é máis fácil determinar que extintor é máis adecuado para cada caso concreto.

- Extintores de auga (A): adecuados para incendios de clase A. Posto que o axente é auga, antes de usalo, é importante asegurar que na contorna non hai corrente eléctrica que xerar un risco de electrocución.
- Extintores de auga pulverizada (AB): tampouco deben utilizarse en presenza de corrente eléctrica.
- Extintores de escuma (AB): do mesmo xeito que os anteriores, non debe utilizarse en presenza de electricidade.
- Extintores de po (ABC): é o extintor máis común dadas os seus multiples aplicacións. Por iso é o máis adecuado para locais e vivendas.
- Extintores de CO2 (ABC). Tamén é un extintor moi polivalente pero co que hai que ter algunhas precaucións para evitar intoxicacións polo anhídrido carbónico (CO2). É o máis adecuado para equipamentos eléctricos.
- Extintores de Acetato de potasio (K): posúen unha alta capacidade para combater este tipo de lume por efecto de arrefriado.
- Extintores especiais (D): en xeral, son extintores que absorben a calor e/ou por arrefriado.

Un extintor consiste basicamente nun cilindro de aceiro que contén un axente extintor de incendios a presión, de modo que ao abrir unha válvula poida saír pola embocadura situada no extremo dunha mangueira. Ademais, dispón dun dispositivo para prevención de activado por accidente, o cal debe ser deshabilitado antes de utilizalo.

O mecanismo do extintor con dióxido de carbono funciona a través deste gas, almacenado a alta presión que afoga a chama baixando a temperatura e eliminando o osíxeno existente no lume. Hai que lembrar que para que exista lume é necesario que se dean simultaneamente tres elementos: unha materia combustible, un comburente –o osíxeno do aire- e calor que achegue a enerxía necesaria para activar a reacción.

Dado que o dióxido de carbono é un gas non combustible e que, ademais, non presenta reaccións químicas con outras substancias é posible introducilo sen necesidade de agregar outros produtos. A súa eficacia baséase na capacidade que ten para desprazar o osíxeno.

Cando se descarga un extintor de dióxido de carbono xérase unha especie de nube branca, debido á expansión do dióxido de carbono.

Non está de máis lembrar que o desprazamento repentino de osíxeno nun espazo pechado pode supoñer un risco para saúde en caso de inhalación, ata o punto de que se a concentración de dióxido de carbono é moi alta pode chegar mesmo a producir a morte por asfixia.

No ano 2015 deseñouse o primeiro extintor sonoro, capaz de apagar un incendio mediante as ondas hertzianas. Este tipo de aparellos emiten unhas ondas que oscilan entre os 30 e os 60 Hz as cales conseguen afastar o osíxeno das chamas o tempo suficiente como para que poida ser extinguido.

A xeneralización deste tipo de aparellos permitiría reducir totalmente a contaminación causada polos extintores convencionais, ademais de asegurar unha maior lonxevidade.

FONTE: Pedro Gargantilla/abc.es/ciencia e atpextintores.mx

0 comentarios