NATIONAL GEOGRAPHIC TRAVEL PHOTOGRAPHER OS THE YEAR 2018

Os resultados do certame National Geographic Travel Photographer of the Year 2018 saíron á luz. As imaxes mostran o gran traballo dos viaxeiros fotógrafos ao redor do mundo e as impresionantes vistas que ten para ofrecer este planeta.
Este ano a gañadora principal do certame foi Reiko Takahashi, quen foi elixida entre máis de 13.000 fotografías participantes e obtivo o gran premio de 10.000 dólares.
Ao capturar "Mermaid" (Sirena), Takahashi atopouse con esta asombrosa balea xibardo xunto á súa cría durante unha sesión de mergullo na illa Kumejima. A cría xoguetona capturou a atención da fotógrafa, quen, atraída pola cola e o nado do mamífero, converteuse na imaxe gañadora de 2018.
Se queres coñecer o resto de fotografías gañadoras nas diferentes categorías preme AQUÍ.
FONTE:xatakafoto.com e travel.nationalgeographic.com
0 comentarios