Blogia
vgomez

PREPARAR AOS NENOS PARA O CAMIÑO, EN LUGAR DO CAMIÑO PARA OS NENOS

 

Tim  Elmore é un popular escritor norteamericano,  formador e experto na xeración “milenial”. É fundador de Growing  Leaders, unha organización sen fins de lucro con sede en Atlanta (EEUU), creada para desenvolver desde a educación as habilidades relacionadas co liderado. É autor de libros como “Xeración E: segredos para conectar cos mozos na idade dixital” ou “Grandes erros que os pais poden evitar”. Na súa obra “Fai medrar ao líder que o teu fillo leva dentro” ("Nurturing  the Leader  Within  Your  Child”), Tim  Elmore explica o desenvolvemento do liderado como unha habilidade que pode potenciarse en todos os nenos e mozos. A súa proposta, moi crítica coa  sobreprotección e o excesivo control  parental, pode resumirse nunha das súas frases máis coñecidas: “Debemos preparar aos nenos para o camiño, en lugar do camiño para os nenos”.

0 comentarios