Blogia
vgomez

PREMIOS NOBEL DE MATEMÁTICAS 2018

  O alemán Peter Scholze, director do Instituto Max Planck de Matemáticas / UNIVERSIDAD DE BONN/EPV

 

Con 17 anos tocaba o baixo nun grupo de rock, con 24 converteuse no catedrático máis novo da historia de Alemaña, tras estudar a carreira de Matemáticas en só ano e medio, e con 27 rexeitou un premio  New  Horizons para mozos matemáticos prometedores, dotado con 100.000 dólares. Hoxe, con 30 anos, Peter  Scholze é un dos catro investigadores recoñecidos coa medalla  Fields, considerada como un premio Nobel para matemáticos menores de 40 anos.  

Scholze, nacido en  Dresde en 1987 e recentemente nomeado director do Instituto Max  Planck de Matemáticas, é o pai dunha nova clase de estruturas xeométricas, os espazos  perfectoides, que foron moi útiles no chamado Programa  Langlands.Os outros tres gañadores son o iraniano  Caucher  Birkar, o australiano  Akshay  Venkatesh e o italiano  Alessi  Fegalli.

Os outros premiados son Caucher  Birkar naceu en 1978 en  Marivan, unha rexión kurda de Irán, na fronteira con Iraq. A súa especialidade é a xeometría  algebraica, un mundo  multidimensional no que multitude de ecuacións definen outra multitude de formas, como as  elipses e os chamados  óvalos de Cassini. Tras estudar Matemáticas na Universidade de  Teherán, emigrou ao Reino Unido. Hoxe, xa coa nacionalidade británica, é catedrático da Universidade de Cambridge.

 Akshay  Venkatesh, nacido en 1981 en Nova Deli (India) e criado en Australia, gañou con só 12 anos unha medalla na Olimpíada Matemática Internacional. Con 13 anos, empezou a carreira de Matemáticas e Física na Universidade de Australia Occidental. Con 20 anos, acabou o seu doutoramento na Universidade de  Princeton, en EE  UU. E desde os 27 anos é profesor na Universidade de  Stanford.

Finalmente,  o italiano Alessio  Figalli (Roma, 1984). O matemático, hoxe catedrático da Escola Politécnica Federal de Zúric, fixo a súa tese doutoral en só un ano, realizando “contribucións fundamentais” á chamada teoría de regularidade do problema do transporte óptimo.

Os gañadores da medalla Fields, que se entrega cada catro anos, déronse a coñecer no Congreso Internacional de Matemáticos que se esta a celebrar en Río de Xaneiro (Brasil).

FONTE: Manuel Asende/elpais.es

0 comentarios