Blogia
vgomez

CINE: MISIÓN IMPOSIBLE-SENTENZA FINAL

Esta fin se semana chega aos cines a película Misión Imposible: Sentenza Final. Apareceu en 1996 e, desde entón, Ethan Hunt salvou o mundo en oito películas que, entre explosións, tiroteos e xeonllos rotos, contaron o noso presente a través dos seus viláns. Misión imposible estrea hoxe a súa última entrega. Esta é a súa ficha técnica:

Título orixinal: Mission: Impossible - The Final Reckoning

Ano: 2025

Duración: 169 min.

País: Estados Unidos

Xénero: Thriller

Produtora: Skydance Productions

Distribuidora: Paramount Pictures

Produtor: Tom Cruise

Dirección: Christopher McQuarrie

Guión: Christopher McQuarrie, Bruce Geller e Erik Jendresen

Música: Lorne Balfe, Max Aruj e Alfie Godfrey

Fotografía: Fraser Taggart

Reparto: Tom Cruise, Hayley Atwell, Ving Rhames, Simon Pegg, Esai Morales, Pom Klementieff, Mariela Garriga, Henry Czerny, Angela Bassett,  Nick Offerman, Hannah Waddingham, Tramell Tillman

Sinopse: O axente Ethan Hunt continúa a súa misión de impedir que Gabriel controle o tecnoloxicamente omnipotente programa de IA coñecido como "A Entidade".

Tom Cruise, o salvador do mundo, despídese cunha aventura incriblemente entretida que ofrece unha serie de secuencias dos momentos álxidos das outras sete películas da saga, merecendo a pena vela.

0 comentarios