UNHA VIDEOCONSOLA A PARTIR DO CUBO DE RUBIK
“Segundo é a árbore, así é a froita”. A versión rusa do noso refrán “De tal pau, tal acha” pode parecer máis zumenta pero resulta igual de ilustrativa. E no caso de Ilya Osipov e o seu fillo Savva é, ademais, completamente certa. Ilya, o pai, é un coñecido emprendedor tecnolóxico, experto en gamificación, fundador dalgúns dos maiores proxectos web do seu país e colaborador habitual de medios especializados. O currículo de Savva non é aínda tan avultado (normal tendo en conta que aínda non cumpriu os 14 anos) aínda que ameaza con superar o do seu proxenitor en pouco tempo. Cunha idade á que a maioría dos mozos da súa idade pensan unicamente en como vestir igual que a última estrela do trap e sacar adiante os seus estudos (no mellor dos casos), Savva é un avezado desenvolvedor de software e un enxeñoso inventor que presume de deseñar a primeira consola portátil de videoxogos que pode virarse coma se fose un cubo de Rubik para que o seu contido cambie WOWCube foi presentada en distintas feiras de tecnoloxía e en todas elas recibiu boas críticas, o que fai que Ilya e Savva teñan presaxios optimistas antes do seu lanzamento comercial.
WOWCube consta de oito pequenos cubos, cada un dos cales é un computador con tres pantallas e conectados entre si para poder comunicarse. Os xogos estarán dispoñibles a través dunha aplicación na Apple Store e grazas a unha API aberta calquera poderá programar e lanzar os seus propios desenvolvementos. “Eu inventei WOWCube -asegura Savva- e despois co meu pai e o seu equipo construímos os prototipos”. Instalados en Silicon Valley dende hai tempo, na casa dos Osipov respírase tecnoloxía. Ambos, pai e fillo, písanse a palabra cando describen o que xa conseguiron con WOWCube e o que esperan do seu proxecto. O atropelo na descrición é cousa do entusiasmo: xuvenil no caso de Savva e por orgullo paternal indisimulado no de Ilya. Asegura que “agora mesmo iste é o meu traballo a tempo completo”, pero recoñece que máis aló dos logros técnicos ou empresariais que presaxia o proxecto, o máis interesante e divertido de WOWCube é a relación que construíu co seu fillo.
FONTE: José L. Álvarez Cedena/elpais.es
0 comentarios