Blogia
vgomez

O XADREZ E A EDUCACIÓN

 

O máis emocionante do xadrez é o seu enorme valor como ferramenta educativa”. Así o afirma  Leontxo García, xornalista especializado en xadrez dende hai máis de 30 anos. Xadrecista de competición dende os 14, todo indicaba que se dedicaría profesionalmente a este deporte. En 1983 a súa carreira deu un xiro definitivo cando o diario vasco Deia propúxolle cubrir un histórico duelo en Londres: o dos xadrecistas rusos  Gari  Kaspárov e  Víktor  Korchnói, en pleno fin da Guerra Fría. Así descubriu a súa vocación xornalística e dende entón consagrou a súa vida á divulgación do xadrez como correspondente, presentador de televisión, redactor e conferenciante en máis dunha vintena de países. É autor do libro "Xadrez e Ciencia, paixóns mesturadas", e en 2011 foi galardoado coa Medalla ao Mérito Deportivo. Ante os mitos de que o xadrez é ‘aburrido’ e ‘só para xente intelixente’,  Leontxo responde contundente: “Hai poucas cousas tan divertidas e que á vez transmitan tantos valores e habilidades como o xadrez. Non fai falta ningún tipo de intelixencia especial para xogar”. Nos últimos anos centrouse en levalo ás aulas como recurso pedagóxico. Segundo afirma, “o xadrez achega innumerables habilidades cognitivas aos nenos, como o pensamento autocrítico, o control do primeiro impulso, a empatía e o pensamento flexible, entre outras”.


0 comentarios