Blogia
vgomez

LER AMPLÍA OS HORZONTES DO TEU MUNDO

 

Mestre de escola” é o atributo co que Gregorio Luri sente máis cómodo, aínda que está considerado un dos maiores referentes da educación en España. Estudou maxisterio en Pamplona e cursou a licenciatura en Ciencias da Educación e o doutoramento en Filosofía na Universidade de Barcelona. É profesor, escritor e publicou máis dunha vintena de obras sobre filosofía e educación.  Luri sostén que a atención é o novo cociente intelectual: “a capacidade dunha persoa para moverse de maneira intelixente na sociedade da información, vai depender da súa capacidade  atencional”. Asegura que a música, as matemáticas ou a lectura son recursos efectivos para educar a atención. Ademais, o docente de orixe navarro, reivindica o “sentido común” na educación familiar. “Comecemos polo obvio: non hai familias perfectas”, é a tallante afirmación coa que arrinca o seu libro “Eloxio ás familias  sensatamente imperfectas”. Un ensaio no que o pedagogo e filósofo fala dunha “neurose dos pais novos”, dos que di “non lles chega con facelo perfecto, queren facelo  pluscuamperfecto”. Crítico coas fórmulas pedagóxicas “bonitas”, Gregorio  Luri analiza os problemas aos que se enfrontan as familias actuais. “O meu obxectivo non é ensinar cousas novas senón poñer en valor o que xa se sabe”, afirma.

0 comentarios