Blogia
vgomez

HUMOR: ANGLICISMOS INNECESARIOS NA LINGUA DE CERVANTES

El Roto

 

A viñeta de onte  no xornal El País de Andrés Rábago García (Madrid, 1947), que firma co seudónimo de El Roto incide nunha realidade preocupante: a proliferación de anglicismos innecesarios no noso idioma.

Cada vez é maior a cantidade de  anglicismos que usamos os españois nas nosas conversacións habituais. A expansión da internet e as redes sociais deron lugar a unha serie de termos que hoxe en día usamos como palabras totalmente integradas na lingua de Cervantes.

Vexamos algúns exemplos: Mail (na actualidade o máis frecuentes é escoitar “envíoche un  mail” cando queremos facer uso do correo electrónico),  Gashtag (para denominar as etiquetas que os usuarios poñen ás publicacións en Twitter, Facebook ou  Instagram),  Trending topic (que serve para destacar as tendencias do momento nas redes sociais), Influencer (personalidade que se fixo famosa a través de Internet e que atopa no ámbito dixital o seu principal ámbito de influencia), Millennial (persoa que chegou á súa etapa adulta despois do ano 2000, é dicir, co cambio de século, e que en conxunto, posúe características particulares, tales por exemplo: unha personalidade de descontento e amor pola tecnoloxía), Fake  news (noticias falsas, produto  pseudo xornalístico difundido a través de portais de noticias, prensa escrita, radio, televisión e redes sociais cuxo obxectivo é a desinformación deliberada ou o engano)...

Cun idioma tan rico isto é innecesario!

0 comentarios