COMUNÍCANSE AS PLANTAS ENTRE ELAS?
Flores de azafrán, ao sur de Marrocos /FADEL SENNA (AFP)
As plantas teñen unha comunicación química que se produce, por exemplo, cando lles atacan insectos fitófagos, entón e como consecuencia da mordedura, a planta emite unha molécula que actúa como un neurotransmisor e fai ás outras plantas adoptar medidas preventivas, medidas de defensa. Iso non quere dicir que as plantas teñan cerebro ou vontade que controle esa comunicación. Pero si hai unha comunicación química que ademais é moi eficiente.
É imprescindible entender moi ben que nas plantas non hai nada semellante a un cerebro ou a un sistema nervioso que controlen esas comunicacións e que estas non teñen ningún tipo de voluntariedad por parte das plantas. É dicir, as plantas non deciden cando emiten esas comunicacións; o que ocorre é que algunhas situacións desencadean nelas procesos químicos que son detectados por outras plantas nas que, á súa vez, estas moléculas desencadean novos procesos que protexen aos individuos que as reciben. Por exemplo, nalgúns casos cando un insecto ataca por contacto a unha planta, esta emite unha molécula detectada por outras plantas da súa contorna que fai que estas se encollan e desa forma de protexan ante o futuro ataque.
Unha cousa moi curiosa é que para algún sinal de defensa ante insectos, a molécula química que actúa como de alerta é un glutamato, a mesma molécula que actúa para efectos parecidos nos animais. É dicir que aínda que no caso das plantas o sistema de comunicación químico é automático, o aminoácido que emiten é o mesmo que producen os animais ante situacións parecidas para comunicarse entre eles.
Esta comunicación química dáse xeralmente entre individuos da mesma especie pero esas moléculas que emiten poden ser recoñecidas tamén por plantas doutras especies. Isto é moi interesante porque non estamos a falar xa da protección dunha especie illada, estamos a falar da comunicación nun ecosistema. E iso quere dicir que este tipo de comunicacións tamén poden ser moi eficientes para a defensa do ecosistema global. Esta é unha liña de investigación recente á que se está prestando moita atención porque fala da defensa global do ecosistema.
Ademais destas comunicacións químicas ante o ataque de insectos ou doutras pragas que poden infectar ás plantas e que son investigacións que tomaron moita importancia nos últimos anos existen outros tipos de comunicación entre as plantas que coñecemos hai moito máis tempo. Quizá a máis importante delas é a que permite que se produza a polinización cruzada, é dicir evita a autofecundación e os problemas xenéticos que esta pode producir. Iso soluciónano algunhas especies de plantas con maduración de estambres e ovarios en distintos momentos. Por exemplo, nunha planta desenvólvense primeiro os estames e manten o ovario sen desenvolver pero na de en fronte, desenvolveuse primeiro o ovario así que si lle pode chegar o pole da primeira e producir a súa fecundación. É coma se puxésense de acordo. O mundo vexetal é moi rico neste tipo de comunicacións que son procesos totalmente químicos, moitos se realizan mediante feromonas e outros por camiños biolóxicos de desenvolvemento controlado.
FONTE: Ana Crespo/elpais.com/ciencia
0 comentarios