A SONDA CHANG´E 4 ALUNIZA NA CARA OCULTA DA LÚA
Primeira imaxe tomada pola sonda Chang'e 4 no momento da aluaxe na cara oculta da Lúa / Administración Nacional do Espazo de Chinesa (AP)
China logrou por primeira vez na historia alunizar unha nave na cara oculta da Lúa. A sonda Chang'e 4, que foi lanzada o pasado 8 de decembro, tocou o chan do satélite este xoves á 10:26 hora local, segundo informou a Administración Nacional do Espazo de China. O éxito da aluaxe, que non se anunciou de forma oficial ata aproximadamente dúas horas despois de producirse, supón un fito máis para o ambicioso programa espacial do país asiático, aínda lonxe do de Estados Unidos en financiamento pero convertido nunha prioridade absoluta para as autoridades chinesas.
A nave non tripulada xa entrara en órbita lunar elíptica durante o pasado domingo, co punto máis próximo ao astro a uns 15 quilómetros da súa superficie e o máis afastado a uns 100 quilómetros, segundo informou a Administración Nacional do Espazo de China. Desde entón buscouse o momento idóneo para pousar a sonda na superficie lunar, porque a parte non visible do astro ten períodos de día e noite que duran uns 14 días terrestres e necesitábase a luz solar para que tanto o módulo de aterraxe como o vehículo móbil de exploración funcionasen como estaba previsto.
Namentres, os enxeñeiros verificaron o bo funcionamento da sonda e do satélite Queqiao, que serve de ligazón para comunicar este vehículo explorador coa Terra. O feito de que a comunicación coa sonda non poida ser directa (a propia masa da Lúa impídeo) é un dos principais obstáculos técnicos da misión. Finalmente a sonda tocou superficie sen problemas no cráter Von Kárman, de 186 quilómetros de diámetro, situado na conca Aitken (no Polo sur), que á súa vez é un dos maiores cráteres de impacto coñecidos no sistema solar e un dos máis antigos da Lúa. "Abriuse un novo capítulo na exploración lunar por parte do home", dixo a axencia espacial chinesa nun comunicado.
O obxectivo da sonda Chang'e 4 é principalmente analizar a composición do terreo e o relevo da zona, o que podería dar pistas sobre as orixes e evolución do satélite. Esa cara lunar, invisible desde a Terra, é moi distinta da que si coñecemos. Se a cara vista mostra "mares" chairos de basalto e relativamente poucos cráteres, o outro lado está cheo destes e a súa composición parece diferente. A misión chinesa podería solicitar datos sobre a evolución e a xeoloxía desta área descoñecida do satélite.
FONTE: Xavier Fontdeglòria/elpais.com
0 comentarios