Blogia
vgomez

CAL É O ANIMAL CON MÁIS DENTES?

Peixe gato / Imaxe: guiadospeixes.com

O animal con máis dentes é o peixe gato, con ao redor de 9.280. Outros como o quenlla balea tamén vai ben servido con máis de 4.500 e, aínda que pareza mentira, na boca dun mosquito caben ata 47 diminutos dentes.

Os peixe gato pertencen á orde dos siluriformes, tamén coñecidos como siluros ou bagres. Estes peixes teleósteos reúne unhas 2.200 especies, das que 1.200 viven en América do Sur. Case a totalidade son peixes de auga doce, se ben dúas familias son mariñas. Adoitan ser preeiros nocturnos e vivir cerca do fondo en augas pouco profundas.

Reciben o nome popular de peixe gato polos tentáculos ou barbas que presentan a cada lado da mandíbula superior e, nalgunhas especies, tamén da mandíbula inferior, que semellan os bigotes dun gato.

Como curiosidade indicar que estes dentes que ten son flexibles como goma e cúrvanse.

0 comentarios