Blogia
vgomez

HAYABUSA 2 CHEGOU AO ASTEROIDE RYUGU

A sombra da sonda Hayabusa 2 aterrando sobre Ryugu / JAXA

A sonda xaponesa Hayabusa 2 tocou, na noite do pasado venres, a superficie do asteroide Ryugu, situado a 340 millóns de quilómetros da Terra, entre a súa órbita e a de Marte. O obxectivo é tomar mostras, o que supón un paso crave na súa complexa misión destinada a investigar as orixes da vida, xa que a roca estelar é unha «reliquia» cósmica que pode dar pistas sobre a orixe do Sistema Solar.

A sonda superou así unha nova e delicada etapa nunha viaxe que se prolonga durante máis de catro anos, e que, de completarse con éxito, terminará a finais de 2020 co regreso á Terra do Hayabusa 2 portando mostras do remoto corpo celeste. A misión tiña a complexidade do desfasamento de aproximadamente 19 minutos nas comunicacións entre a nave e a Terra, polo que na última fase da operación non contou con apoio humano.

Ryugu ten uns 900 metros de diámetro e unha forma lixeiramente cúbica e, como outros planetas menores, está considerado entre os corpos máis antigos do Sistema Solar.

Crese que as rochas de Ryugu albergan restos de carbón e auga formados durante o nacemento do noso sistema solar fai uns 4.600 millóns de anos, o que podería achegar pistas sobre a formación de expolos e a orixe da vida.

A aterraxe do Hayabusa 2 chega tras percorrer 3.200 millóns de quilómetros ao redor do Sol nunha órbita elíptica durante máis de tres anos, e despois de alcanzar o asteroide o pasado xuño e de permanecer suspendido desde entón a uns 20 quilómetros da súa superficie.

FONTE: abc.es/ciencia

0 comentarios