METOO: UN NOVO CARACOL MARIÑO
Caracol ’Metoo’, que, ao ser conservado en alcol, adquire un tono violeta, símbolo da loita por la igualdade de xénero / Imaxe: EFE/Jesús Ángel Ortea/Leopoldo Moro
Un pequeno caracol mariño de apenas 3 milímetros descuberto na Palma. Unha nova especie para a ciencia do xénero "Gibberula" (encorvado) foi bautizado como ’Metoo’ porque, ao ser conservado en alcol, a súa cor vira ao violeta, símbolo da loita pola igualdade de xénero.
O animal foi achado en decembro de 2018 nas covas submarinas do Inferno, na illa canaria da Palma. Os investigadores colleitaron tres exemplares que foron depositados no Museo da Natureza e Arqueoloxía de Santa Cruz de Tenerife e nos exemplares secos e co animal dentro da cuncha, a superficie é opaca, estriada e cunha tonalidade rosada, que é máis acentuada cando o animal está conservado en alcol porque o manto adquire unha coloración púrpura.
Nos animais vivos, a última volta é de cor castaña, case uniforme e pouco transparente, aínda que se poden distinguir tres bandas claras que desaparecen cando secan ou se conservan en alcol.
Ao fixalos en alcol, o corpo dalgúns exemplares vólvese de cor púrpura e por iso os investigadores decidiron bautizar a nova especie coa palabra ’metoo’, o berro de denuncia da impunidade dos actos contra a dignidade das mulleres e pola súa cor violeta púrpura, o da loita pola igualdade.
Os investigadores publicaron o achado na revista científica "Avicennia, revista de Biodiversidade tropical" un artigo titulado "Novos datos sobre Gibberula epigrus nas illas Canarias (Gastropoda:Cysticidae)".
O caracol "Gibberula metoo" é o último en recibir unha denominación relacionada coa loita pola igualdade nas especies que dedicaron ambos os biólogos mariños a mulleres, entre elas ás 21 gañadoras do premio Príncipe de Asturias e que foron recadadas na caribeña illa de Guadalupe, e as dedicadas en 2017 ás Raíñas dos Entroidos de Gran Canaria e Tenerife.
FONTE: farodevigo.es
0 comentarios