SOBRE AS MAREAS IV
Continuo coas curiosidades sobre as mareas, a partir das explicacións do xornalista e divulgador científico Marcus Chown, no seu libro "Gravidade. Unha historia da forza que o explica todo" (Blackie Books, 2019).
Movementos de rotación e translación da Lúa / Imaxe: misistemasolar.com
3. Un desfase de 53 minutos
Newton non só deuse conta de por que existían dúas mareas nos océanos, senón tamén de que non se repiten cada 24 horas exactamente (algo do que xa se decatou Piteas no ano 330 a. C.). «En realidade, rodea a Terra na mesma dirección da rotación terrestre, e lévalle 27,3 días completar un ciclo», explica o autor.
É dicir, que o punto do océano que agora mesmo está directamente debaixo da Lúa non volverá estalo xusto dentro de 24 horas, porque no tempo que necesita a Terra para virar unha vez sobre o seu eixo, a Lúa moveuse na súa órbita. E ese desfasamento son 53 minutos. E isto proba dúas cousas: a tremenda lea que é predicir as mareas (por esta razón e por outras moitas) e que a Lúa, efectivamente, está intimamente relacionada con este fenómeno.
FONTE: Patricia Biosca/abc.es/ciencia
0 comentarios