Blogia
vgomez

HOMO LUZONENSIS

 

A gran familia dos homínidos, na que se inclúen primates tan diversos (ou similares) como os chimpancés, os humanos e outros homínidos extintos, ten a partir de agora un novo membro máis. Onte, mércores, un equipo internacional de investigadores anunciou a través dun artigo na revista Nature o achado dos restos dunha nova especie de  homínidos. Trátase do Homo  luzonensis, un parente próximo a nós que viviu en Filipinas (concretamente nos arredores da illa de Luzón, da que tamén saca o nome) hai uns 50.000 ou 67.000 anos. É dicir, durante o Pleistoceno superior (ou tardío).

Os antropólogos descubriron os restos de polo menos dous adultos e un menor dentro dos xacementos arqueolóxicos da Cova do Callao, unha cavidade de pedra calcaria situada no norte das montañas filipinas. Neste recóndito lugar puidéronse localizar ata doce pequenos ósos dos dedos, as pernas e os dentes. O suficiente para poder reconstruír (parte de) a identidade destes antepasados homínidos e identificalos como unha nova especie.

O equipo de ’exploradores’ encargados desta nova escavación anuncia agora este excepcional achado como un gran avance que demostra que a rexión do sueste asiático desempeñou un papel crave na historia evolutiva dos homínidos.  

"O tamaño dos dentes en xeral, aínda que non sempre, reflicte o tamaño corporal xeneral dun mamífero, polo que cremos que o ‘Homo luzonensis’ probablemente foi relativamente pequeno", explica un dos investigadores.

Tras o anuncio deste sorprendente achado, os investigadores dan un paso á beira e recoñecen que aínda quedan moitas preguntas sobre as orixes do Homo luzonensis. Tamén queda por estudar a súa lonxevidade na illa de Luzón. Os elementos achados durante as recentes escavacións preto da cova do Callao desvelaron a presenza de ferramentas de pedra que datan de hai uns 700.000 anos.

Sexa como sexa, os investigadores destacan que o achado desta nova especie, ademais de por o seu valor arqueolóxico intrínseco, tamén é importante porque proporciona novos datos sobre a importancia desta rexión na evolución dos homínidos. Filipinas é un lugar formado por un grupo de illas grandes que se separaron o suficiente como para facilitar potencialmente a especiación (diferenciación de especies) do arquipélago.

FONTE: elperiodico.com/ciencia

0 comentarios